RELACION ENTRE OS HUMANOS E OS ANIMAIS

 

Moitos animais son obxecto de repulsa por parte do ser humano.
Son acusados de ser velenoso, e causar danos a persoas e animais, especialmente os reptiles e anfibios e incluso atraen a mala sorte, pero o certe é que, tal como describen os nosos alumnos, xogan un papel fundamental nos ecosistemas xa que controlan as poboacións de invertebrados, como os insectos, e as de roedores e a súa vez son fonte de alimento para outras especies.










ANÁLISE DE MOSTRAS DE SOLOS DA CONTORNA

 


Comparamos as características de solos de orixe natural e cultivados recollidos no concello



Orixe da mostra

Número

Xardín de Guntín

1

Horta de leitugas de Gomelle

2

Horta de San Cibrao

3

Horta de Gomelle

4

Carballeira de Gomelle

5

Horta Entrambasaugas

6

Pinar de Gomelle

7

Horta non cultivada de Pradeda

8






Dúas mostras de horta teñen valores de pH e conductividade eléctrica moi elevados.




Os datos de nitratos, nitritos, amonio e fosfatos corresponden a mg/L no extracto obtido a partir de 10 g de solo en 100 mL de solución de extracción.


A IMPORTANCIA DA POTABILIZACIÓN DA AUGA

 Un dos riscos do consumo da auga procedente de pozos e fontes radica no feito de que estas reciban aportes de contaminates ou de microorganismos.

Para poñer esto en evidencia comparamos o desenvolvemento de E. coli en auga procedente de 2 pozos, nos que detectamos a presenza de nitratos, con dúas mostras de auga potabilizada procedentes de Lugo e Guntín. 

Nas dúas mostras non tratadas apareceu un crecemento rápido de E. coli que non foi detectado nas mostras de grifo.

A aparición desta bacteria, aínda que é común no noso intestino, indica o posible aporte de augas con aportes fecais que, eventualmente, poden causar enfermidades graves.


As dúas primeira mostras presenta abundantes burbullas de gas desprendido pola actividade bacteriana

COBRE E FERRO NA AUGA

  Estes dous elementos químicos aparecen nas augas de uso doméstico se hai un aporte por parte das tuberías de abastecemento ou ben se a auga circula por terreos nos que abundan estes elementos.

No caso do cobre atopamos valores de 2 mg/L nunha mostra de pozo procedente dunha tubería de cobre e 4 mg/L nunha mostra de auga procedente do subministro municipal de Guntín.

Con respecto ó  ferro, atopamos unha mostra con 5 mg/L procedente da auga de Guntín, donde abunda este elemento químico nas rochas.



                                                        Determinación de cobre 



                                                            Determinación de ferro


CARACTERÍSTICAS QUÍMICAS DAS AUGAS SUPERFICIAIS



Continuando coas actividades iniciadas o curso pasado, tomamos mostras de augas da contorna e de augas minerais comúns nas tendas do concello para ver o contido en nitratos, nitritos, amonio e fosfatos utilizando métodos colorimétricos de campo.

Tamén se fixeron determinacións de pH e conductividade eléctrica mediante o emprego de pH-metro e conductivímetro portátiles.


Ó comparar os datos de pH e conductividade eléctrica nas distintas augas minerais pode verse como

amosan valores superiores á auga que nos chega por parte dos servizos municipais e a auga do acuario

presenta, como é de esperar, uns valores máis altos de CE e fosfatos, debido ó aporte procendente da alimentación dos peixes e dos seus restos biolóxicos.

Comparamos  estes datos cos obtidos de mostras de auga da contorna recollidas no mes de marzo


Os valores de pH sitúanse entre 6 e 7 nos dous tipos de mostras, mentres que no caso da CE vemos que nas augas naturais non sobrepasa os 250 uS/cm e chega preto dos 500 no caso de algunhas augas.

(Os resultados de nitratos, nitritos, amonio e fosfatos corresponden a mg/L )

RESULTADOS DAS DETERMINACIÓNS DE NITRATOS, NITRITOS, AMONIO E FOSFATOS




Con estas determinacións usando kits de campo descubrimos que dúas das mostras aportadas polos alumnos destacan no contido en nitratos e no valor de CE, tanto no mes da abril como no de maio.
Corresponden a mostras da zona rural e son augas procedentes de pozos situados en Lebesen e Francos, dous lugares do concellos de Guntín, no cal abundan as actividades agrícolas e gandeiras, o cal pode xustificar estes valores destacados.


Alumnas de 2º da ESO realizando as determinacións









PLANTANDO NO PATIO DO COLEXIO

 Os máis pequeniños dedican o tempo de lecer ó coidado das plantas do patio e plantan tomates en contedores reciclados.

ROTEIRO POLA BEIRA DO RÍO

 

Unha camiñata polo río serve para observar a vexetación característica e a fauna ligada ó medio fluvial.

Na mesma xornada os alumnos de Educación Secundaria disfrutaron da vexetación dos xardíns e hortos do Pazo de Oca, do roterio polo río Ulla e da visita ó Centro Ictiolóxico de Ximonde.